Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Ciencias da natureza

XOGOS CONSUMIDORES RESPONSABLES ÚLTIMA SEMANA

Boas nenos/as, Esta semana remata el curso e por fin poderedes disfrutar das ansiadas vacacións que este ano os merecedes máis ca nunca, xa que, fixestes un traballo incríble durante os últimos meses dende as vosas casas. Estou moi orgullosa de vós  polo que vos esforzastes e por ser uns verdadeiros campións e campioas.  Déixovos aquí unha serie de xogos cos que vos podedes divertir á vez que aprendedes a ser consumidores responsables e repasamos certas cousiñas das ciencias.  Podedes acceder a eles cliclando no enlace. ENLACE XOGOS CONSUMIDORES RESPONSABLES Unha aperta enorme e espero vervos pronto para poder despedirnos.

SOLUCIÓNS CIENCIAS DA NATUREZA SEMANA DO 8 AO 12 DE XUÑO

Aquí vos deixo as solucións do test que fixestes a semana pasada en ciencias da natureza. DESCARGAR

TAREFAS CIENCIAS DA NATUREZA SEMANA DO 8 AO 12 DE XUÑO

Boas nen@s, En ciencias da natureza propóñovos para esta semana un test co que vos vades poñer a proba e comprobar o que recordades do curso. Déixovolo no documento que aparace nesta entrada. Para realizalo non é necesario que copiedes as preguntas e as posibles respostas, é suficiente con que poñades o número da pregunta e a resposta correcta completa. Calquera dúbida ou dificultade que teñades para realizar a tarefa consultádeme cando o precisedes. Recórdovos que esta tarefa é para realizar entre o luns día 8 de xuño e o venres día 12 de xuño. O venres debedes envíalas feitas por correo electrónico (lorenapoyp@gmail.com) e de non ser posible por whatsapp. Se é por whatsapp, pídovos que intentedes sacar as fotos o máis enfocadas posible para que non aparezan borrosas e poida velas e corrixir as tarefas adecuadamente. Moitísimo ánimo e parabéns a tod@s polo voso esforzo! DESCARGAR

TAREFAS CIENCIAS DA NATUREZA DO 1 AO 5 DE XUÑO

Imagen
Boas a tod@s, Hoxe comenzamos o mes de xuño e con el a recta final deste curso tan diferente ao que estabamos acostumados. Sei que cada vez nos custa máis pero pensade que en moi pouco tempo estaredes de vacacións e que agora só nos queda un último esforzo. Para continuar a falar dos reinos dos seres vivos cos que xa estivemos a traballar os días pasados, esta semana en Ciencias da natureza imos ver un pouquiño do reino das plantas . Para isto debedes ver o vídeo que vos deixo aquí e coa información deste vídeo e a que podedes atopar nas páxinas 70 e 71 do voso libro elaboraredes un esquema das plantas con flor e sen flor con un pequeniño debuxo en cada grupo (igual que fixemos cos animais vertebrados e invertebrados a semana pasada). Se tedes cualquier dúbida xa sabedes que podedes preguntarme todo o que necesitedes.  Recórdovos que estas tareas son para realizar dende o luns 1 de xuño ata o venres 5 de xuño. O venres como sempre debedes enviar as tarea...

TAREFAS CIENCIAS DA NATUREZA SEMANA DO 25 AO 29 DE MAIO

Imagen
Boas a tod@s, En Ciencias da Natureza, esta semana imos ver as diferencias entre animais vertebrados (que teñen esqueleto interno formado por ósos) e invertebrados (que non teñen esqueleto de ósos nin columna vertebral). Para isto, debedes ler as páxinas 68 e 69 do voso libro e facer un esquema dos tipos de vertebrados e invertebrados coas súas características. No esquema debedes incluír o debuxo dun animal en cada grupo que vos axudará a identificalos a simple vista. Calquera dúbida ou dificultade que teñades para realizar a tarefa, por favor, consultádeme ou dicídemo cando o precisedes e intentamos poñerlle solución. Recórdovos que esta tarefa é para realizar entre o luns día 25 de maio e o venres día 29 de maio. O venres debedes envíalas feitas por correo electrónico (lorenapoyp@gmail.com) e de non ser posible por whatsapp. Se é por whatsapp, pídovos que intentedes sacar as fotos o máis enfocadas posible para que non aparezan borrosas e poida velas e corrixir as taref...

SOLUCIÓNS CIENCIAS DA NATUREZA SEMANA DO 18 AO 22 DE MAIO

Déixovos aquí as solucións das tarefas que realizastes durante a semana pasada. DESCARGAR

TAREFAS CIENCIAS DA NATUREZA SEMANA DO 18 AO 22 DE MAIO

Imagen
Boas rapaces/zas, Esta semana en Ciencias da natureza imos recordar cales son os 5 reinos nos que se agrupan os seres vivos. Para isto, pídovos que leades detidamente a páxina 66 do voso libro e a continuación facer os exercicios que vos marco no documento. Son: 1-2 da páxina 67 e 2 da páxina 73. Se tedes cualquera dúbida xa sabedes que podedes preguntarme todo o que necesitedes. Recórdovos que estas tarefas son para realizar entre o luns 18 e o venres 22 de maio. O venres debedes envialas realizadas por correo electrónico (lorenapoyp@gmail.com) ou de non ser posible por whatsapp. Se é por whatsapp, pídovos que intentedes sacar as fotos o máis enfocadas posible para que non aparezan borrosas e poida velas e corrixir as tarefas adecuadamente. Unha forte aperta. DESCARGAR

SOLUCIÓNS CIENCIAS DA NATUREZA SEMANA DO 5 AO 8 DE MAIO

Déixovos aquí as solucións das tarefas que realizastes durante a semana pasada. Os/as que non as enviastes debedes facelo canto antes. DESCARGAR

TAREFAS CIENCIAS DA NATUREZA SEMANA DO 5 AO 8 DE MAIO

Imagen
Ola nenos e nenas: En Ciencias Naturais estivemos a traballar coas células , xa sabemos diferenciar unha célula animal dunha vexetal e identificar cada unha das súas partes. Aproveito neste apartado para felicitar aos/ás que elaborastes a vosa maqueta e me enviastes o vídeo explicativo que vos pedín, estivo xenial o voso traballo e alegroume moito ver as vosas cariñas ou escoitar a vosa voz de novo! Tamén animo aos que aínda non o fixeron que o fagan, aínda que xa fóra de prazo, pero é conveniente que todos/as o realicedes. Ben, ademais da célula traballastes tamén con outros niveis de organización celular: tecidos, órganos, sistemas, aparellos e organismos. Agora que xa podedes identificar cada un destes niveis, ímonos centrar nun deles: o dos tecidos . Os tecidos son diferentes nos animais e nas plantas. Os tecidos animais máis importantes son: o óseo (nos ósos); o muscular (nos músculos); o sanguíneo (formado polas células sanguíneas que xa vimos este curso: glób...
Emails profesorado:
LORENA: lorenapoyp@gmail.com
LOIS GARRIDO: loisgarrido@gmail.com
LOIS TOIRÁN: loistoiran@edu.xunta.gal
MARÍA: iriamariafontao@gmail.com
CRISTINA: relibaralla@gmail.com
SANTI: santorance86@gmail.com