TAREFAS CIENCIAS DA NATUREZA SEMANA DO 8 AO 12 DE XUÑO

Boas nen@s,

En ciencias da natureza propóñovos para esta semana un test co que vos vades poñer a proba e comprobar o que recordades do curso.
Déixovolo no documento que aparace nesta entrada. Para realizalo non é necesario que copiedes as preguntas e as posibles respostas, é suficiente con que poñades o número da pregunta e a resposta correcta completa.

Calquera dúbida ou dificultade que teñades para realizar a tarefa consultádeme cando o precisedes.


Recórdovos que esta tarefa é para realizar entre o luns día 8 de xuño e o venres día 12 de xuño. O venres debedes envíalas feitas por correo electrónico (lorenapoyp@gmail.com) e de non ser posible por whatsapp. Se é por whatsapp, pídovos que intentedes sacar as fotos o máis enfocadas posible para que non aparezan borrosas e poida velas e corrixir as tarefas adecuadamente.


Moitísimo ánimo e parabéns a tod@s polo voso esforzo!


Comentarios

Emails profesorado:
LORENA: lorenapoyp@gmail.com
LOIS GARRIDO: loisgarrido@gmail.com
LOIS TOIRÁN: loistoiran@edu.xunta.gal
MARÍA: iriamariafontao@gmail.com
CRISTINA: relibaralla@gmail.com
SANTI: santorance86@gmail.com