TAREFAS CIENCIAS DA NATUREZA SEMANA DO 5 AO 8 DE MAIO




Ola nenos e nenas:

En Ciencias Naturais estivemos a traballar coas células, xa sabemos diferenciar unha célula animal dunha vexetal e identificar cada unha das súas partes. Aproveito neste apartado para felicitar aos/ás que elaborastes a vosa maqueta e me enviastes o vídeo explicativo que vos pedín, estivo xenial o voso traballo e alegroume moito ver as vosas cariñas ou escoitar a vosa voz de novo! Tamén animo aos que aínda non o fixeron que o fagan, aínda que xa fóra de prazo, pero é conveniente que todos/as o realicedes.
Ben, ademais da célula traballastes tamén con outros niveis de organización celular: tecidos, órganos, sistemas, aparellos e organismos. Agora que xa podedes identificar cada un destes niveis, ímonos centrar nun deles: o dos tecidos. Os tecidos son diferentes nos animais e nas plantas.
Os tecidos animais máis importantes son: o óseo (nos ósos); o muscular (nos músculos); o sanguíneo (formado polas células sanguíneas que xa vimos este curso: glóbulos brancos, vermellos e plaquetas);o nervioso (as neuronas); o adiposo (a graxa) e o epitelial (na pel).
No caso dos tecidos vexetais os máis importantes son: o epidérmico (nas follas e talos); o parénquima (responsable da fotosíntese); o súber (nos talos e raíces vellos) e os tecidos condutores (no interior dos talos, troncos e nervios das follas).
Para traballar con estes tecidos pídovos que leades as páxinas 58 e 59 do voso libro e que realicedes o exercicio 1 da páxina 59 no que vamos facer un cambio no enunciado e imos elaborar unha táboa cos tecidos animais como marca o exercicio e outra igual cos tecidos vexetais. Ademais faremos tamén desta mesma páxina os exercicios 2-3 e 4.
Aparécevos a continuación o documento coas páxinas e exercicios marcados.
Déixovos tamén aquí un enlace para que xoguedes e identifiquedes algún tecido máis do corpo humano,  clicade en xogo e ANIMÁDEVOS A INTENTALO!

XOGO

Se tedes cualquera dúbida xa sabedes que podedes preguntarme todo o que necesitedes.

Recórdovos que estas tarefas son para realizar entre o martes día 5 de maio e o venres día 8 de maio. O venres debedes envíalas feitas por correo electrónico (lorenapoyp@gmail.com) e de non ser posible por whatsapp. Se é por whatsapp, pídovos que intentedes sacar as fotos o máis enfocadas posible para que non aparezan borrosas e poida velas e corrixir as tarefas adecuadamente.

Unha aperta.

DESCARGAR

Comentarios

Emails profesorado:
LORENA: lorenapoyp@gmail.com
LOIS GARRIDO: loisgarrido@gmail.com
LOIS TOIRÁN: loistoiran@edu.xunta.gal
MARÍA: iriamariafontao@gmail.com
CRISTINA: relibaralla@gmail.com
SANTI: santorance86@gmail.com