TAREFAS CIENCIAS DA NATUREZA DO 1 AO 5 DE XUÑO



Boas a tod@s,

Hoxe comenzamos o mes de xuño e con el a recta final deste curso tan diferente ao que estabamos acostumados. Sei que cada vez nos custa máis pero pensade que en moi pouco tempo estaredes de vacacións e que agora só nos queda un último esforzo.

Para continuar a falar dos reinos dos seres vivos cos que xa estivemos a traballar os días pasados, esta semana en Ciencias da natureza imos ver un pouquiño do reino das plantas.
Para isto debedes ver o vídeo que vos deixo aquí e coa información deste vídeo e a que podedes atopar nas páxinas 70 e 71 do voso libro elaboraredes un esquema das plantas con flor e sen flor con un pequeniño debuxo en cada grupo (igual que fixemos cos animais vertebrados e invertebrados a semana pasada).



Se tedes cualquier dúbida xa sabedes que podedes preguntarme todo o que necesitedes. 

Recórdovos que estas tareas son para realizar dende o luns 1 de xuño ata o venres 5 de xuño. O venres como sempre debedes enviar as tareas mello por correo electrónico (lorenapoyp@gmail.com) e se non é posible a través de whatsapp. Se é por whatsapp intentade que as fotos se vexan o mellor posible porque se aparecen borrosas algunhas veces non é posible corrixir as tarefas.

Unha aperta moi forte e ánimo que o estades facendo moi moi ben!


Comentarios

Emails profesorado:
LORENA: lorenapoyp@gmail.com
LOIS GARRIDO: loisgarrido@gmail.com
LOIS TOIRÁN: loistoiran@edu.xunta.gal
MARÍA: iriamariafontao@gmail.com
CRISTINA: relibaralla@gmail.com
SANTI: santorance86@gmail.com