Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Ciencias sociais

XOGOS CONSUMIDORES RESPONSABLES ÚLTIMA SEMANA

Boas nenos/as, Esta semana remata el curso e por fin poderedes disfrutar das ansiadas vacacións que este ano os merecedes máis ca nunca, xa que, fixestes un traballo incríble durante os últimos meses dende as vosas casas. Estou moi orgullosa de vós  polo que vos esforzastes e por ser uns verdadeiros campións e campioas.  Déixovos aquí unha serie de xogos cos que vos podedes divertir á vez que aprendedes a ser consumidores responsables e repasamos certas cousiñas das ciencias.  Podedes acceder a eles cliclando no enlace. ENLACE XOGOS CONSUMIDORES RESPONSABLES Unha aperta enorme e espero vervos pronto para poder despedirnos.

TAREFAS CIENCIAS SOCIAIS DENDE O 25 DE MAIO AO 8 DE XUÑO

Imagen
Boas a tod@s, En Ciencias Sociais imos continuar a traballar sobre o coidado e protección do medio ambiente que xa iniciamos nas últimas semanas. Neste caso propóñovos dúas tarefas que realizaredes nas próximas dúas semanas, é dicir, en 15 días, ata o 8 de xuño. A primeira actividade é moi sinxela e consiste en facer unha listaxe ordenada e completa das medidas que podemos tomar cada un de nós para coidar e protexer o noso planeta . Para facelo recoméndovos que volvades ver o vídeo co que xa traballamos a semana e que vos volvo deixar nesta entrada, no que aparecen moitas ideas que vos axudarán a facer esta listaxe. Podedes tamén atopar información na páxina 82 do voso libro. Ademais das medidas que podemos tomar a nivel individual, as autoridades dos nosos países tamén teñen a resposabilidade de elaborar leis que axuden á conservación do medio ambiente. Algunhas destas leis son as que regular os espazos naturais protexidos e as reservas da biosfera das que xa...

SOLUCIÓNS CIENCIAS SOCIAIS SEMANA DO 18 AO 22 DE MAIO

Déixovos aquí as solucións das tarefas que realizastes durante a semana pasada. DESCARGAR

TAREFAS CIENCIAS SOCIAIS SEMANA DO 18 AO 22 DE MAIO

Imagen
Boas nen@s, Durante esta semana en Ciencias Sociais imos seguir a falar dos problemas do medio ambiente . Neste caso ímonos centrar no cambio climático , que como xa falamos na clase está a ser un dos grandes problemas da humanidade nos últimos tempos. O cambio climático ocasiona  variacións nos elementos do clima que coñecedes (nas temperaturas , nas precipitacións ...) e pode ser provocado por fenómenos naturais ou pola contaminación xerada pola acción dos seres humanos. É importante que recordedes que o efecto invernadoiro é natural na Terra e permite que as temperaturas non sexan moi cálidas nin moi frías, pero, ao incrementarse o consumo de combustibles fósiles (carbón, petróleo e gas natural) desde a Revolución Industrial de finais do século XVIII ata a actualidade, aumentaron os niveis de emisión de gases ivernadoiro, como o dióxido de carbono á atmosfera . Este incremento aumenta o efecto invernadoiro e con iso sobe a temperatura no planeta, provocando o que se...

SOLUCIÓNS CIENCIAS SOCIAIS SEMANA DO 1 AO 15 DE MAIO

Déixovos aquí as solucións das tarefas que realizastes durante a semana pasada e un modelo do esquema que tiñades que realizar. Os/as que non as enviastes debedes facelo canto antes.          DESCARGAR SOLUCIÓNS         DESCARGAR ESQUEMA

TAREFAS CIENCIAS SOCIAIS SEMANA DO 11 AO 15 DE MAIO

Imagen
Boas nen@s, Esta semana en ciencias sociais vamos traballar sobre o medio ambiente e os seus problemas que xa vimos o curso pasado e agora imos darlle un repasiño. O primeiro que debedes facer e ler detidamente e prestando atención as páxinas 78 e 80 do voso libro de Ciencias Sociais. Despois  teredes que cliclar neste enlace: https://www.youtube.com/watch?v=NbX9CXaOiVk e ver o vídeo sobre intervención do ser humano no medio ambiente. A continuación faredes un esquema no que incluades os problemas do medio ambiente dos que nos fala o vídeo e que tedes na páxina 80 do voso libro (tedes a imaxe no documento). No esquema deberá aparecer : en que consiste cada un dos problemas ambientais e os tipos que pode haber no caso dalgún deles. Finalmente, realizaredes a actividade de Traballa coa imaxe da páxina 78 do voso libro de  e os exercicios 1-2 da páxina 79 .  Se tedes calquera dúbida xa sabedes que podedes preguntarme todo o que necesitedes. Recórdo...
Emails profesorado:
LORENA: lorenapoyp@gmail.com
LOIS GARRIDO: loisgarrido@gmail.com
LOIS TOIRÁN: loistoiran@edu.xunta.gal
MARÍA: iriamariafontao@gmail.com
CRISTINA: relibaralla@gmail.com
SANTI: santorance86@gmail.com