TAREFAS CIENCIAS DA NATUREZA SEMANA DO 25 AO 29 DE MAIO
Boas a tod@s,
En Ciencias da Natureza, esta semana imos ver as diferencias entre animais vertebrados (que teñen esqueleto interno formado por ósos) e invertebrados (que non teñen esqueleto de ósos nin columna vertebral).
Para isto, debedes ler as páxinas 68 e 69 do voso libro e facer un esquema dos tipos de vertebrados e invertebrados coas súas características. No esquema debedes incluír o debuxo dun animal en cada grupo que vos axudará a identificalos a simple vista.
Calquera dúbida ou dificultade que teñades para realizar a tarefa, por favor, consultádeme ou dicídemo cando o precisedes e intentamos poñerlle solución.
Recórdovos que esta tarefa é para realizar entre o luns día 25 de maio e o venres día 29 de maio. O venres debedes envíalas feitas por correo electrónico (lorenapoyp@gmail.com) e de non ser posible por whatsapp. Se é por whatsapp, pídovos que intentedes sacar as fotos o máis enfocadas posible para que non aparezan borrosas e poida velas e corrixir as tarefas adecuadamente.
Unha forte aperta.
Comentarios
Publicar un comentario