TAREFAS CIENCIAS SOCIAIS SEMANA DO 18 AO 22 DE MAIO



Boas nen@s,
Durante esta semana en Ciencias Sociais imos seguir a falar dos problemas do medio ambiente. Neste caso ímonos centrar no cambio climático, que como xa falamos na clase está a ser un dos grandes problemas da humanidade nos últimos tempos. O cambio climático ocasiona variacións nos elementos do clima que coñecedes (nas temperaturas, nas precipitacións...) e pode ser provocado por fenómenos naturais ou pola contaminación xerada pola acción dos seres humanos.

É importante que recordedes que o efecto invernadoiro é natural na Terra e permite que as temperaturas non sexan moi cálidas nin moi frías, pero, ao incrementarse o consumo de combustibles fósiles (carbón, petróleo e gas natural) desde a Revolución Industrial de finais do século XVIII ata a actualidade, aumentaron os niveis de emisión de gases ivernadoiro, como o dióxido de carbono á atmosfera . Este incremento aumenta o efecto invernadoiro e con iso sobe a temperatura no planeta, provocando o que se coñece como quecemento global.

Para traballar sobre isto, faredes a seguinte tarefa:

Ler a páxina 81 do voso libro de Ciencias Sociais, ver o seguinte vídeo e responder ás preguntas que aparecen a continuación. É moi importante que vexades o vídeo porque nel atoparedes a resposta a varias das preguntas.

Que é o cambio climático? Que fenómenos está provocando o cambio climático na Terra?

Que consecuencias traerán consigo estes fenómenos extremos que se están producindo a causa do cambio climático?

Que é o quecemento global e cales son as súas causas e consecuencias no planeta?

Que se creou en 1997 para tratar de evitar as consecuencias do cambio climático? Que acordos se tomaron?





Se tedes cualquera dúbida xa sabedes que podedes preguntarme todo o que necesitedes.

Recórdovos que esta tarefa é para realizar entre o luns día 18 de maio e o venres día 22 de maio. O venres debedes envíalas feitas por correo electrónico (lorenapoyp@gmail.com) e de non ser posible por whatsapp. Se é por whatsapp, pídovos que intentedes sacar as fotos o máis enfocadas posible para que non aparezan borrosas e poida velas e corrixir as tarefas adecuadamente.

Unha forte aperta.



Comentarios

Emails profesorado:
LORENA: lorenapoyp@gmail.com
LOIS GARRIDO: loisgarrido@gmail.com
LOIS TOIRÁN: loistoiran@edu.xunta.gal
MARÍA: iriamariafontao@gmail.com
CRISTINA: relibaralla@gmail.com
SANTI: santorance86@gmail.com