TAREFAS CIENCIAS SOCIAIS SEMANA DO 11 AO 15 DE MAIO
Esta semana en ciencias sociais vamos traballar sobre o medio ambiente e os seus problemas que xa vimos o curso pasado e agora imos darlle un repasiño.
O primeiro que debedes facer e ler detidamente e prestando atención as páxinas 78 e 80 do voso libro de Ciencias Sociais.
Despois teredes que cliclar neste enlace: https://www.youtube.com/watch?v=NbX9CXaOiVk e ver o vídeo sobre intervención do ser humano no medio ambiente. A continuación faredes un esquema no que incluades os problemas do medio ambiente dos que nos fala o vídeo e que tedes na páxina 80 do voso libro (tedes a imaxe no documento). No esquema deberá aparecer: en que consiste cada un dos problemas ambientais e os tipos que pode haber no caso dalgún deles.
Finalmente, realizaredes a actividade de Traballa coa imaxe da páxina 78 do voso libro de e os exercicios 1-2 da páxina 79.
Se tedes calquera dúbida xa sabedes que podedes preguntarme todo o que necesitedes.
Se tedes calquera dúbida xa sabedes que podedes preguntarme todo o que necesitedes.
Recórdovos que estas tarefas son para realizar entre o martes día 11de maio e o venres día 15 de maio. O venres debedes envíalas feitas por correo electrónico (lorenapoyp@gmail.com) e de non ser posible por whatsapp. Se é por whatsapp, pídovos que intentedes sacar as fotos o máis enfocadas posible para que non aparezan borrosas e poida velas e corrixir as tarefas adecuadamente.
Unha forte aperta.
DESCARGAR
Unha forte aperta.
DESCARGAR
Comentarios
Publicar un comentario