TAREFAS CIENCIAS SOCIAIS DENDE O 25 DE MAIO AO 8 DE XUÑO
Boas a tod@s,
En Ciencias Sociais imos continuar a traballar sobre o coidado e protección do medio ambiente que xa iniciamos nas últimas semanas. Neste caso propóñovos dúas tarefas que realizaredes nas próximas dúas semanas, é dicir, en 15 días, ata o 8 de xuño.
A primeira actividade é moi sinxela e consiste en facer unha listaxe ordenada e completa das medidas que podemos tomar cada un de nós para coidar e protexer o noso planeta. Para facelo recoméndovos que volvades ver o vídeo co que xa traballamos a semana e que vos volvo deixar nesta entrada, no que aparecen moitas ideas que vos axudarán a facer esta listaxe. Podedes tamén atopar información na páxina 82 do voso libro.
Ademais das medidas que podemos tomar a nivel individual, as autoridades dos nosos países tamén teñen a resposabilidade de elaborar leis que axuden á conservación do medio ambiente. Algunhas destas leis son as que regular os espazos naturais protexidos e as reservas da biosfera das que xa falamos tantas veces na clase.
Na segunda tarefa teredes que entrar no seguinte enlace:
https://www.miteco.gob.es/es/red-parques-nacionales/nuestros-parques/default.aspx
Este enlace levaravos a unha páxina na que hai un mapa de España e nel aparecen marcados varios parques nacionais protexidos do noso país. Teredes que escoller o das Illas Atlánticas, cliclar nel e veredes que na ventá que se abre aparécevos "Información do parque". Debedes ir a onde nos pon ficha técnica e coller datos da superficie que ten e as provincias e comunidades autónomas nas que se atopa (só iso) e finalmente na pestana valores naturais coller algún dato do entorno natural e escoller unha especie da súa fauna e outra da súa flora e describilas (só é necesario unha de cada, non máis). Cos datos que recollades debedes facer unha ficha do parque como esta:

A continuación déixovos un documento no que vedes en imaxes os lugares nos que debedes cliclar na páxina, pero é moi sinxelo, igual que o fixestes na aula moitas veces.
Calquera dúbida ou dificultade que teñades para realizar as tarefas, por favor, consultádeme ou dicídemo, non vos agobiedes nin nada parecido que buscamos unha solución e eu estou para axudarvos.
Calquera dúbida ou dificultade que teñades para realizar as tarefas, por favor, consultádeme ou dicídemo, non vos agobiedes nin nada parecido que buscamos unha solución e eu estou para axudarvos.
Para esta actividade de Ciencias Sociais dispoñedes de dúas semanas, dende o luns 25 de maio ata o luns 8 de xuño. Ese luns debedes enviar as tarefas por correo electrónico (lorenapoyp@gmail.com) ou de non ser posible por whatsapp. Se é por whatsapp, pídovos que intentedes sacar as fotos o máis enfocadas posible para que non aparezan borrosas e poida velas e corrixir as tarefas adecuadamente.
Unha forte aperta.
Unha forte aperta.
Comentarios
Publicar un comentario