TAREFAS LINGUA GALEGA SEMANA DO 8 AO 12 DE XUÑO

Ola rapaces/zas,

Co curso a piques de rematar, propóñovos que esta semana en lingua galega continuemos cun repaso de contidos traballados durante este ano académico. Para isto, imos realizar a ficha que tedes nesta entrada.

Ademais déixovos unha nova audición sobre unha conversa que ten lugar nunha consulta médica. Podedes escoitala clicando sobre a palabra "audición" e contestar ás seguintes preguntas:

  •  Que lle pasou á nena pola noite?
  •  Que lle manda facer a doutora á nena?
  •  A nena ten mucosidade no peito? E febre?
  •  Que lle receita a doutora á nena para que se cure?

Calquera dúbida ou dificultade que teñades para realizar as tarefas consultádeme cando o precisedes.


Recórdovos que esta tarefa é para realizar entre o luns día 8 de xuño e o venres día 12 de xuño. O venres debedes envíalas feitas por correo electrónico (lorenapoyp@gmail.com) e de non ser posible por whatsapp. Se é por whatsapp, pídovos que intentedes sacar as fotos o máis enfocadas posible para que non aparezan borrosas e poida velas e corrixir as tarefas adecuadamente.


Moitísimo ánimo e parabéns a tod@s polo voso esforzo!

Comentarios

Emails profesorado:
LORENA: lorenapoyp@gmail.com
LOIS GARRIDO: loisgarrido@gmail.com
LOIS TOIRÁN: loistoiran@edu.xunta.gal
MARÍA: iriamariafontao@gmail.com
CRISTINA: relibaralla@gmail.com
SANTI: santorance86@gmail.com