TAREFAS LINGUA GALEGA DO 1 AO 5 DE XUÑO

Ola nen@s,

Hoxe comenzamos o mes de xuño e con el a recta final deste curso tan diferente ao que estabamos acostumados. Sei que cada vez nos custa máis pero pensade que en moi pouco tempo estaredes de vacacións e que agora só nos queda un último esforzo.

Esta semana en lingua galega imos repasar varios contidos que vimos durante o curso no cole de vocabulario, gramática e ortografía.

Déixovos no documento unha ficha cos exercicios a realizar e unha audición moi breve  para facer a última das tarefas. A audición é unha conversa entre dúas persoas nunha tenda, debedes escoitala e facer unha drescrición da froita que a clienta lle pide ao dependente.

Se tedes cualquier dúbida xa sabedes que podedes preguntarme todo o que necesitedes. 

Recórdovos que estas tareas son para realizar dende o luns 1 de xuño ata o venres 5 de xuño. O venres como sempre debedes enviar as tareas mello por correo electrónico (lorenapoyp@gmail.com) e se non é posible a través de whatsapp. Se é por whatsapp intentade que as fotos se vexan o mellor posible porque se aparecen borrosas algunhas veces non é posible corrixir as tarefas.

Unha aperta moi forte e ánimo que sodes uns campións e unhas campioas enormes!



Comentarios

Emails profesorado:
LORENA: lorenapoyp@gmail.com
LOIS GARRIDO: loisgarrido@gmail.com
LOIS TOIRÁN: loistoiran@edu.xunta.gal
MARÍA: iriamariafontao@gmail.com
CRISTINA: relibaralla@gmail.com
SANTI: santorance86@gmail.com