TAREFAS LINGUA GALEGA SEMANA DO 5 AO 8 DE MAIO

Boas nen@s,

Esta semana en lingua galega imos recordar os usos da letra "H". Como sabedes xa estivemos a traballar con isto a pasada semana en lingua castelá, por iso é importante que o vexamos agora tamén en galego para ver as semellanzas e diferenzas das normas ortográficas nun e outro idioma.
Propóñovos que leades moi ben a información que aparece na páxina 124 do voso libro de lingua do segundo trimestre e facer os exercicios 1-2-3 desta mesma páxina e os exercicios 4-5-6 e 9 da páxina 125. Tedes todo marcado no documento que vos aparece nesta entrada.

Se tedes cualquera dúbida xa sabedes que podedes preguntarme todo o que necesitedes.

Recórdovos que estas tarefas son para realizar entre o martes 5 e o venres 8 de maio. O venres debedes envialas realizadas por correo electrónico (lorenapoyp@gmail.com) ou de non ser posible por whatsapp. Se é por whatsapp, pídovos que intentedes sacar as fotos o máis enfocadas posible para que non aparezan borrosas e poida velas e corrixir as tarefas adecuadamente.

Unha forte aperta.

Comentarios

Emails profesorado:
LORENA: lorenapoyp@gmail.com
LOIS GARRIDO: loisgarrido@gmail.com
LOIS TOIRÁN: loistoiran@edu.xunta.gal
MARÍA: iriamariafontao@gmail.com
CRISTINA: relibaralla@gmail.com
SANTI: santorance86@gmail.com