TAREFAS LINGUA GALEGA SEMANA DO 25 AO 29 DE MAIO
Boas nen@s,
Esta semana en lingua galega imos traballar cos enunciados (frases e oracións) e coas partes das oracións (suxeito e predicado) como fixemos a semana pasada en lingua castelá. Para isto debedes ler a páxina 122 do voso libro do segundo trimestre e fixarvos especialmente nos apartados que vos marco con cruces vermellas no documento que hai nesta entrada. A continuación faredes os exercicios que vos marco da páxina 123.
Finalmente leredes a lectura "Unha de romanos" das páxinas 132 e 133 do libro e faredes os exercicios que vos marco no documento da páxina 134.
Calquera dúbida ou dificultade que teñades para realizar as tarefas consultádeme cando o precisedes e intentamos poñerlle solución.
Recórdovos que esta tarefa é para realizar entre o luns día 25 de maio e o venres día 29 de maio. O venres debedes envíalas feitas por correo electrónico (lorenapoyp@gmail.com) e de non ser posible por whatsapp. Se é por whatsapp, pídovos que intentedes sacar as fotos o máis enfocadas posible para que non aparezan borrosas e poida velas e corrixir as tarefas adecuadamente.
Unha forte aperta.

Comentarios
Publicar un comentario