TAREFAS LINGUA GALEGA SEMANA DO 18 AO 22 DE MAIO
Ola nen@s,
Esta semana en Lingua Galega imos traballar as palabras con "x" e con "ll", o que nos axudará a usalas correctamente evitando erros por influencia do castelán. Para isto faredes os exercicios que vos marco no documento e que aparecen nas páxinas 138 e 139 do voso libro do segundo trimestre.
Ademais propóñovos que lle deamos un repasiño aos enlaces (preposicións e conxuncións) que estivemos a ver as semanas pasadas e vexo que aínda segue custando un pouquiño tanto en galego como en castelán. Para seguir practicando tedes tamén no documento que aparece abaixo unha ficha para facer estes días.
Se tedes cualquera dúbida xa sabedes que podedes preguntarme todo o que necesitedes.
Recórdovos que estas tarefas son para realizar entre o luns 18 e o venres 22 de maio. O venres debedes envialas realizadas por correo electrónico (lorenapoyp@gmail.com) ou de non ser posible por whatsapp. Se é por whatsapp, pídovos que intentedes sacar as fotos o máis enfocadas posible para que non aparezan borrosas e poida velas e corrixir as tarefas adecuadamente.
Unha forte aperta.
Comentarios
Publicar un comentario