TAREFAS LINGUA GALEGA SEMANA DO 11 AO 15 DE MAIO


Boas nen@s,

Esta semana en lingua galega imos ver as preposicións e as conxuncións ao igual que fixemos a semana pasada en lingua castelá.
Propóñovos que leades moi ben a información que aparece na páxina 106 do voso libro de lingua do segundo trimestre e que escoitedes o audio que aquí vos engado , xa que, vos pode axudar a resolver dúbidas. A continuación faredes os exercicios 2-3-4-5 e o resumo da páxina 107. Tamén debedes realizar o repaso da análise morfolóxica que vos aparece no documento que hai nesta entrada.


Por outra banda, lembrarvos que como ano o vindeiro domingo 17 de maio celebramos en Galicia o día das Letras Galegas, este ano adicado a Ricardo Carvalho Calero, personaxe de grande relevancia na nosa literatura. Para coñecer un pouco máis da vida deste autor e da súa obra podedes ver o vídeo que vos deixo neste enlace: https://www.youtube.com/watch?v=nwhKFNhemxY. Despois de ver o vídeo dispoñedes de varias actividades interactivas e moi entretidas do Seminario Galán co que xa traballamos outras veces na aula. A elas podedes acceder cliclando nos seguintes enlaces:


ACTIVIDADES BIOGRAFÍA RICARDO CARVALHO CALERO

ACTIVIDADES OBRA RICARDO CARVALHO CALERO

Se tedes cualquera dúbida xa sabedes que podedes preguntarme todo o que necesitedes.

Recórdovos que estas tarefas son para realizar entre o luns 11 e o venres 15 de maio. O venres debedes envialas realizadas por correo electrónico (lorenapoyp@gmail.com) ou de non ser posible por whatsapp. Se é por whatsapp, pídovos que intentedes sacar as fotos o máis enfocadas posible para que non aparezan borrosas e poida velas e corrixir as tarefas adecuadamente.

Unha forte aperta.

DESCARGAR

Comentarios

Emails profesorado:
LORENA: lorenapoyp@gmail.com
LOIS GARRIDO: loisgarrido@gmail.com
LOIS TOIRÁN: loistoiran@edu.xunta.gal
MARÍA: iriamariafontao@gmail.com
CRISTINA: relibaralla@gmail.com
SANTI: santorance86@gmail.com