TAREFA PLÁSTICA 18-31 DE MAIO


Ola nen@s! que tal?
Para estes 15 días propóñovos unha visita a un dos museos máis importantes do mundo. A continuación déixovos dous enlaces a dúas visitas virtuais a diferentes zonas do museo Louvre, en París.
ANTIGUEDADES EXIPCIAS- MUSEO LOUVRE

Esta é unha colección de arte do período dos faraóns.


HEROES: DE HÉRCULES A DARTH VADER- MUSEO LOUVRE
Esta é unha exposición que conta como ilustradores, escultores/as, pintores/as, cineastas e músicos/as de todo o mundo se inspiraron nos mitos e déronlles forma e vida. 


Quero que escollades a que máis vos guste e a visitides. Posteriormente teredes que facer un cartel para animar aos demais compañeiros a que fagan esa visita.
Tamén vos amoso uns exemplos feitos por museos para anunciar as súas coleccións.





Se tedes dúbidas contactade conmigo a través do Whatsapp ou do correo electrónico, utilizade tamén estes medios para enviarme as tarefas.




Unha aperta!

Comentarios

Emails profesorado:
LORENA: lorenapoyp@gmail.com
LOIS GARRIDO: loisgarrido@gmail.com
LOIS TOIRÁN: loistoiran@edu.xunta.gal
MARÍA: iriamariafontao@gmail.com
CRISTINA: relibaralla@gmail.com
SANTI: santorance86@gmail.com