TAREFA DE PLÁSTICA DO 5 AO 17 DE MAIO
Ola nen@s!
Para traballar a materia de Plástica imos tomar como
referencia unha das actividades de música, a dos cadros.
Amósovos a imaxe de diferentes cadros coñecidos para que os
observedes e escollades o que máis vos guste.
O que quero que fagades é un ‘nova versión’ dese cadro. Debuxade de
novo ese cadro tomándoo como referencia, pero sen que sexa unha copia exacta.
O obxectivo non é calcar o cadro ou que se pareza moito ao
orixinal, o obxectivo é que o tomedes como referencia para facer algo similar
pero que engadades debuxos propios ou coloreado doutra forma.
Amósovos un exemplo que xa fixestes na clase.
RECORDADE QUE AS TAREFAS PODÉDELAS ENVIAR A TRAVÑES DO CORREO ELECTRONICO iriamariafontao@gmail.com OU A TRAVÉS DO WHATSAPP.
Unha aperta!
Comentarios
Publicar un comentario